30.4.07

O concello pide un préstamo de 300.000 €


Como carece de capacidade de xestión, o actual grupo de goberno recorre a endebedarnos para 20 anos

O pasado 29 de marzo o Pleno Municipal aprobou - cos votos favorables do PP, a abstención do PSOE e os votos en contra dos concelleiros do BNG – un plan de saneamento financeiro para poder solicitar un préstamo de 300.000 € (50 millóns de pesetas), concertado con Caixa Galicia por un prazo de 20 anos.

O BNG votou en contra desta operación xa que non se especifica a que vai ser destinada esta cantidade. Moito nos tememos que se trata dunha manobra con fins electoralistas. Non é de recibo que ás portas dunhas eleccións o grupo de goberno teña o descaro de empeñar para 20 anos as arcas municipais tendo que afrontar as novas corporacións o gasto de amortización deste préstamo.