
Xosé Luis Barcia, (Moeche 1955) vinculado a San Sadurniño por razóns familiares, é o Delegado Provincial da Consellería de Innovación e Industria e Presidente de XESTUR-A Coruña (Sociedade Pública adicada á construcción de Solo Industrial e Solo Residencial) entidade que está impulsando a construcción do Parque Empresarial de San Sadurniño.
¿Cómo xurde a idea de construir un Parque Empresarial en San Sadurniño?
- Nada mais chegar ao goberno, o BNG de San Sadurniño tíñame manifestado a necesidade de dar cumprimento a unha vella aspiración local de dispoñer desta infraestructura fundamental para o desenvolvemento económico e o emprego do seu Concello. Desde aquela tivemos varias reunións nas que lles informei dos pasos que se ian dando.
¿Qué xestións fixo Vde. como Delegado da Consellería para que o polígono sexa unha realidade?
- A primeira de todas foi facer partícipe desta proposta á Conselleira de Vivenda e ao seu equipo, por ser a quen lle corresponde tomar a decisión, tamén ao Conselleiro de Innovación e Industria para incorporar esta iniciativa ao programa “Galiza Suma”, que, promovido polo Vicepresidente da Xunta Anxo Quintana, ten previsto dotar a Galiza de 20 millóns de m² de Solo Empresarial de alta calidade. Unha vez que a Conselleira Teresa Táboas deu a conformidade, iniciáronse as xestións por parte de XESTUR.
¿Cales son as etapas e os prazos para a execución do Parque Empresarial?- Estamos na fase inicial, que é a de poñer de acordo ás partes, esta fase rematará coa sinatura dun convenio que vincule á Consellería de Vivenda, XESTUR, Concello e empresas. Posteriormente hai que redactar o proxecto de urbanización, adquirir os terreos, e inicar a execución das obras. Se todas as partes colaboran e non hai dificultades imprevistas a finais de ano poderíamos estar en condicións de iniciar as obras.
¿Como encaixa este parque empresarial dentro da Política de Promoción Industrial do BNG?
- Encaixa perfectamente, a política de desenvolvemento industrial deste goberno pasa por poñer ao sevizo dos emprendedores solo industrial suficiente, de alta calidade e con todos os servizos. Neste contexto, este parque reune todas as características para ser un enclave significativo da nosa política industrial: hai recursos susceptibles de transformar industrialmente, hai personal altamente cualificado, hai centros tecnolóxicos e universitarios no entorno e o que é máis importante, hai persoas e empresas dispostas a promover importantes proxectos empresariais.
O PP de San Sadurniño dende o ano 1991 ven prometendo a construcción dun polígono industrial, especialmente antes das eleccións municipais. ¿ten constancia de que o Goberno Municipal presidido por Constantiño Bedoya tivese feito algunha xestión para conseguilo?
- Non me compete a mín entrar a xuzgar os comportamentos políticos do Alcalde de San Sadurniño no exercicio das súas funcións, en todo caso esa labor correspóndelle aos seus veciños e proximamente teran esa oportunidade. O que si poido dicir, é que desde que temos responsabilidades de Goberno na Xunta de Galicia, a nós so se dirixiu o Grupo do BNG de San Sadurniño con Secundino García ao frente.